luns, 2 de setembro de 2024

Episodio nº: 17 Data: 26-1-2010

Contido:

Este foi o décimosétimo programa de "A fume de carozo", que se emitiu o 26 de xaneiro de 2010. Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.

Tratáronse dous temas diferentes:

1. Na primeira parte, tres alumnas do Departamento de Orientación (Tamara Montero, Noemí Rodríguez e Sabela Rodríguez) entrevistaron a unha profesora que forma parte dese departamento (Mónica Santiso) e a unha ex-alumna que agora está facendo as prácticas no noso centro e concretamente nese departamento (Rocío Novo).

2. Na segunda parte, o coordinador do Departamento de Acción Social, o profesor David García Anta, entrevistou por teléfono ao alumno voluntario Azael Cordero, e despois entrevistou a Víctor Veira, cooperante en Perú, que estaba presente no estudio.

Enlace:

https://www.podomatic.com/podcasts/afumedecarozo2/episodes/2010-01-31T10_48_03-08_00

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Episodios máis recentes de “A fume de carozo” en RADIOCO de CUAC FM

Contido: Todos os episodios emitidos a partir do 6 de outubro de 2015 podedes atopalos neste enlace: https://cuacfm.org/radioco/programm...