Contido:
Este foi o cuadraxésimo oitavo programa de "A fume de
carozo", que se emitiu o 1 de marzo de 2011. Está promovido polo Equipo de
Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Este programa tratou sobre a música galega, de diferentes
estilos, e foi realizado por un grupo de alumnos do Colexio Santa María do Mar
(Xesuítas) da Coruña, coordinado polos profesores Moisés López e Susana Devesa.
Os alumnos participantes foron os seguintes: Iria Álvarez, Anxo Balado, Aldara
Candal, Beatriz Fernández-Montells, Laura Martín, Claudia Rama e Enrique
Rodríguez (todos eles de 3º ESO); Andrés Pardo, Iber Xosé Sánchez e Andrea de
Castro (4º ESO); e María Luísa Iglesias, Marta Ramos, David Torres e Sara
Varela (1º Bacharelato).
Enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario