luns, 2 de setembro de 2024

Episodio nº: 51 Data: 5-4-2011

Contido:

Este foi o programa número 51 de "A fume de carozo", que se emitiu o 5 de abril de 2011. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.

Este programa tratou sobre a banda deseñada, tanto o manga xaponés como o Xabarín Club, que hai uns anos amosou esta arte á xuventude galega, e foi realizado por un grupo de alumnos do Colexio Santa María do Mar (Xesuítas) da Coruña, coordinado polos profesores Moisés López e Susana Devesa. Os alumnos participantes foron os seguintes: Iria Álvarez, Anxo Balado, Aldara Candal, Beatriz Fernández-Montells, Laura Martín e Claudia Rama (todos eles de 3º ESO); Andrea de Castro (4º ESO); e María Luísa Iglesias, Marta Ramos, David Torres e Sara Varela (1º Bacharelato). Ademais estiveron como convidadas dúas alumnas doutros centros, chamadas Rosalía Mantilla e Yolanda Cascallar.

Enlace:

https://www.podomatic.com/podcasts/afumedecarozo5/episodes/2011-04-06T03_48_10-07_00

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Episodios máis recentes de “A fume de carozo” en RADIOCO de CUAC FM

Contido: Todos os episodios emitidos a partir do 6 de outubro de 2015 podedes atopalos neste enlace: https://cuacfm.org/radioco/programm...