Contido:
Este foi o trixésimo primeiro programa de "A fume de
carozo" (e último do curso 2009-2010), que se emitiu o 25 de maio de 2010.
Está promovido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do
Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
Os presentadores foron os alumnos de 2º Bacharelato que este
ano presentaron varios programas ao longo do curso, e que probablemente o
vindeiro ano terán un novo programa en CUAC FM. Foron Rebeca Castro, Cristina
Caamaño, Julia López, David Fontán e Ramón Calvete. Faltou Gonzalo Belmonte. No
programa lembraron a súa experiencia na radio e que fixeron en cada unha das
ocasións que lles tocou estar ao micrófono. Asimesmo serviu como despedida do
programa para este curso.
Enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario