Contido:
Este foi o trixésimo segundo programa de "A fume de
carozo" (e primeiro do curso 2010-2011), que se emitiu o 5 de outubro de
2010. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio
Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña.
A condutora do programa foi a profesora Guadalupe Martínez.
Serviu como presentación do programa para este curso. Ela falou sobre as
actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A continuación falaron
sobre as súas actividades o Departamento de Orientación, con Elena Parada,
Mónica Santiso e Almudena Cotelo. Despois falou Alberto Felípez sobre as
actividades do Departamento de Pastoral. E por último rematou o programa con
David García que presentou as actividades do Departamento de Acción Social.
Enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario